Susana's profileLa Mazmorra Del AndroidePhotosBlogListsMore ![]() | Help |
|
October 02 San Froilan 2006
Un ano máis, e xa van 252, Lugo celebra con ilusión a súa tradicional cita de San Froilán. As festas que levamos un ano esperando convertíronse, co esforzo e a participación de toda a cidade e de centos de miles de visitantes, nas festas patronais máis importantes e populosas de toda Galicia. Este ano, estreamos con enorme satisfacción a lenda de Festa de Interese Turístico Nacional, concedida polo Ministerio de Industria e Turismo o pasado mes de maio. Este é un premio ao traballo realizado ao longo de moitos anos por conseguir o merecido recoñecemento para o San Froilán, que xa non pertence só aos lucenses, senón a todos os galegos. A partir deste ano, as festas gozan dun espírito aínda máis universal, se cabe, que invita a todo o mundo a coñecer Lugo para compartir as numerosas actividades programadas polo Concello con carácter totalmente gratuíto. Ademais non faltará a famosa gastronomía lucense e, en especial, o polbo á feira. A maxia e a diversión chegan para os máis cativos da man do San Froilanciño que, debido ao éxito do ano pasado, repite cunha programación especial e novidosa para os pequenos da casa. Tamén haberá o Día dos maiores con moitas sorpresas... Comments (6)
TrackbacksThe trackback URL for this entry is: http://enzulados.spaces.live.com/blog/cns!DEF4FAB87B6B16D8!533.trak Weblogs that reference this entry
|
|
|